Órbita heliosíncrona
Unha órbita heliosíncrona debuxa unha órbita xeocéntrica lixeiramente retrógrada, da que se escolle a altitude e inclinación para que o ángulo entre o plano da órbita e a dirección do Sol permaneza aproximadamente constante, quedando así o plano da órbita fixado en relación á Terra.
Un satélite situado sobre unha órbita semellante pasa sobre un punto dado da superficie terrestre á mesma hora solar local.
É usada por gran parte dos satélites que fan observacións fotográficas en luz visible (meteorolóxicos, de recoñecemento, de teledetección...), pois a iluminación do lugar observado ten pouca variación dunha a outra toma. É unha órbita polar baixa (entre uns 200 e 1680 km de altura, radio entre 6500 e 8000 km) e periodicidade curta (de 88 a 120 minutos).[1]
En setembro de 2020 A ESA puxo en órbitas heliosíncronas diversos minisatélites de cubesat.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://trs-new.jpl.nasa.gov/dspace/bitstream/2014/37901/1/04-0327.pdf Arquivado 25 de outubro de 2007 en Wayback Machine. , en pdf, inglés
- ↑ "Vega regresa con un nuevo servicio de viaje compartido". www.esa.int (en castelán). Consultado o 2020-09-03.